Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, creamos un Punto Lila no patio, para dar a coñecer ao alumnado onde os poden atopar e para que sirven. Os colaboradores da biblioteca foron os artífices deste Punto Lila e repartiron tamén chapas feitas por eles/elas e dípticos sobre que é a violencia de xénero, ademais de pulseiras.
Xunto co proxecto de Voz natura plantouse un Xardín das Lembranzas acompañado dun manifesto en recordo das que xa non están. Elaborouse un mural con "Curas para a violencia" no que o alumnado colocou unhas tiritas con valores e palabras que conseguen sanar a sociedade de violencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario