30/04/24

GRUPO DE PARTICIPACIÓN XUVENIL

Este luns, recibimos a visita do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro para explicarlle ao alumnado de 4º, 5º e 6º as actividades que levan a cabo no noso concello, que son moitas, e para animalos a participar e formar parte deste grupo de adolescentes tan comprometidos. Gracias rapaces e rapazas!!!! 


29/04/24

MES DE ABRIL: LECTURA E FAMILIAS, LECTURAS ARTÍSTICAS NA BIBLIOCOVAS

 Durante o mes de abril celebramos o mes do libro coas nosas familias: recibimos a visita de moitas familias que viñeron a representar artísticamente diferentes lecturas.


- "Rosalía pequeniña": Lucía, Dani e Martiño.



- "Daniela Pirata": Thaís, David e Vera.



- "Un ovo de lobo": Patri e Carmen.



- "A pataca aventureira": Sara e Gabriel.



- "Chucheritis": María, Lucas e Bruno.



- "O tigre que veu tomar o té": Andrea e Xandre.



"Nos teus zapatos" e "Mola que chova": Alba, Teo e Lúa.





- "O galo que puxo un ovo": Estefanía, Irene e Olivia.


23/04/24

DÍA DO LIBRO, 23 ABRIL

 Durante a semana do libro, fixemos no cole diferentes actividades:

- O alumnado das aulas de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, gravaron un  vídeo de teatro de sombras contando un conto pola inclusión. O martes 23 proxectouse nas aulas do centro para compartilo con todo o alumnado. 😍😍😍


- O alumnado de infantil deseñou as portadas dos seus libros favoritos:










- O alumnado de terceiro de primaria, fixo un "Bookflix" contando os seus libros favoritos cun pequeno resumo e expuxérono ao resto dos compañeiros/as da aula:








E, por suposto, limos moito no cole, como facemos durante todo o curso! 📕📗📘📙📖📚

22/04/24

LECTURA E FAMILIAS: CHAFARÍS

O pasado venres, recibimos na nosa biblioteca, a visita das familias de infantil, 1º e 2º de primaria, para desfrutar dunha mañá de xogos xunto cos seus peques da man de Chafarís.




Foi unha xornada chea de xogos e aprendizaxes!!!























19/04/24

"BÓTANOS UNHA PATA": COLONIAS RUEIRAS

 Este xoves recibimos a visita de Colonias Rueiras de Viveiro, coa actividade "Coñecendo o gato comunitario". As coidadoras dos gatiños da rúa, contáronnos o seu traballo e o que debemos de facer se atopamos un destes gatos na rúa. 

Grazas polo voso traballo!!! 🐈🐈🐈