Para celebrar o Samaín fixemos unha chea de actividades:
- Decoramos o cole con motivos de Samaín.
- Fixemos un cemiterio onde enterramos os nosos medos e levamos as flores feitas con material de refugallo.
- Moitos nenos e nenas trouxeron colares de zonchos seguindo as nosas tradicións.
- Fixemos actividades terroríficas nas aulas.
- O alumnado de 5º e 6º foi ler contos de medo ao resto das aulas do cole.
- E, por suposto, cantamos e bailamos!