22/03/24

III RUTA EN FAMILIA DIVERCOVASMOLA

 Para rematar o segundo trimestre, fixemos a III Ruta Divercovasmola coas nosas familias! A choiva non nos impediu gozar das paisaxes da nosa contorna en compaña das familias. Para rematar merendamos tod@s xunt@s no patio do cole!!!! 🏃👪😍












21/03/24

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Para conmemorar o Día Mundial do Síndrome de Down, viñemos ao cole cos calcetíns desparellados, seguindo a iniciativa que se leva a cabo cada ano, para dar visibilidade á diversidade e á inclusión.

Tamén participamos na campaña de Down España 2024 #extracapacitados.




18/03/24

DÍA DAS TORTILLAS

 Este domingo, celebrouse no noso Concello o "Día das tortillas". É tradición saír ao campo ou á praia (se o tempo o permite) e comer a tortilla na compaña de familiares e amigos o domingo antes do Domingo de Ramos.

No cole tamén nos sumamos a esta celebración e hoxe saímos ao patio na hora da merenda para degustar as nosas tortillas tod@s xunt@s.







15/03/24

SEMANA DA PRENSA

 Durante esta semana, o alumnado de terceiro ciclo, traballou cos xornais tanto impresos coma dixitais e converéronse en xornalistas: escribiron noticias, fixeron un diario dixital, entrevistas para a radio,... dentro do contexto lingüístico.

COMUNICÁNDONOS ENTRE IGUAIS

Este mércores tivemos unha actividade organizada pola ANPA: "Comunicándonos entre iguais". O alumnado de 5 anos e 1º de primaria, aprendeu sobre a educación sexual, das mans dunha matrona: os cambios físicos, o embarazo, o parto, diferentes tipos de familias,... 

 Ademais puideron ver libros e contos sobre esta temática, escoitar o latexo dos seus corazóns e xogar con diferentes bonecos.








 

13/03/24

ENCONTRO PROVINCIAL DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIVO

O alumnado de 5º e 6º viaxou hoxe ata Lugo para participar nas xornadas organizadas por ENKI de Deporte Adaptado. Probaron múltiples disciplinas deportivas adaptadas acompañados polo equipo ENKI e deportistas con diversidade funcional.

Foi unha xornada moi enriquecedora!!!! Grazas!!!! 😍😍😍