20/06/25

IV ROMARÍA COVASMOLA

Para celebrar o último día do curso, fixemos a nosa IV Romaría Covasmola!!!!

Cada aula propuxo un xogo: circuito de mobilidade, escondite inglés, relevos, movemos o esqueleto, dachball, roubar o rabo, atrapa a bandeira e o pano. Todas as aulas ían pasando por todos os xogos.

E, despois de tanto xogar, chegou o momento de preparar a nosa parva: bocadillos de pavo, queixo, tomate e leituga e tamén brochetas de froitas variadas!

Pero antes disto, o día anterior, un grupo de alumnado foi facer a compra de todo o que precisábamos no comercio local!

Bo verán a tod@s e vémonos á volta!!!! 😎🌞
































19/06/25

MICROMINA TÍTERES

 Hoxe recibimos a maxia do teatro de monicreques feitos de xeito artesanal da man de Micromina títeres e a súa obra "Raio de Loubican".

Que ben o pasamos e descubrimos algún dos segredos do manexo dos monicreques!! 😉😉










18/06/25

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Dende o Departamento de Orientación, déixannos estas recomendacións para facer no verán! 😍🌞🍦





17/06/25

REGUEIFAS CON "TEATRO DAS CORTES"

 Este martes, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, fixemos un pequeno obradoiro no que aprendimos a crear regueifas con Teatro das Cortes.

Quedáronnos unhas regueifas ben xeitosas!!! 😍😍😍