Residentes de DOMUSVI (antes Geriatros) visitaron o noso centro e deleitaron aos nenos e nenas coa escenificación do libro: "O Apalpador e a castaña máxica".
Para rematar o trimestre achegouse ata o centro Papá Noel e un Rei Mago.Entregaron unha morea de agasallos aos nenos, nenas, profesorado e personal non docente do centro.
Os nenos e nenas de infantil e primaria cantaron unhas panxoliñas adicadas aos nosos invitados especiais.
Despois fumos todos á biblioteca para ver unha obra de teatro representada polos nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaboradores/as da biblioteca. A obra levaba por título "Que lio de libros" (escrita e dirixida pola nosa compañeira María Rolle Ínsua)facendo referencia á organización e formación de usuarios da biblioteca e remataron cun Bibliorap.
Panxoliñas e visita do Rei Mago e Papá Noel.
O Apalpador - Que lío de libros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario