02/05/24

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR: 2 DE MAIO

 Para conmemorar esta data, o alumnado de 4º de EP participou nun "Scape Room" organizado por Area60 onde un neno de 9 anos chega novo a un colexio e empeza a sufrir Bullying por parte dos seus compañeiros.

Tamén inauguramos o Punto Laranxa, colocado na entrada do cole ao lado do ximnasio.

O alumnado de 6º, organiza un torneo de fútbol sala: "Márcalle un gol ao acoso". Ao principio de cada partido os dous equipos farán un saúdo contra o acoso escolar e escoitarase unha canción. Cando remate o torneo, o alumnado de 6º pasará unha enquisa aos participantes sobre como se sentiron durante o torneo e posibles situacións de acoso escolar.








Ningún comentario:

Publicar un comentario