18/05/22

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 17 DE MAIO

Para conmemorar o Día das Letras Galegas e aproveitando que somos un cole "Genial", fixemos un Genially coa vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado deste ano. Participou todo o alumnado do cole, dende tres anos ata sexto: o alumnado de infantil, 1º e 2º, puxeron as súas voces para contar a vida do autor e ler algúns dos seus poemas e, os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º fixeron os seus propios Geniallys!!

Por outra banda, o alumnado de sexto tamén fixeron uns traballos plásticos sobre Florencio Delgado Gurriarán, baseándose na obra de Andy Warhol. Que artistas!!!! 😍😍😍




Dende a Radio Covas achégannos tres podcast de Florencio Delgado Gurriarán cós que concurriron ao concurso de Podcast convocado por Bibliotecas Escolares de Galicia. O primerio podcast é unha entrevista a Lucía Gómez Álvarez, autora de "Un legado infindo", libro con pictogramas sobre a vida e obra do homenaxeado.

UN LEGADO INFINDO: LIBRO CON PICTOGRAMAS

Os outros podcast son sobre a súa vida e sobre a súa obra:

                                 VIDA                                                  OBRA

Xogando, aprendimos un montón sobre este autor!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario