28/05/24

SAÍDA DE 3° E 4° AO PARQUE DA VIDA EN LUARCA

 Este luns, o alumnado de 3° e 4°, visitou o Parque da Vida en Luarca, un parque de divugación científica con moitas exposicións e actividades dirixidas á conservación da natureza, ao mundo animal e ao espacio. Ata tivemos diferentes serpes nas nosas mans!!! 🐍🐍🐍

 

 




















24/05/24

VISITA DE INFANTIL A SAN CIBRAO

Este xoves, o alumnado de infantil foi de visita a San Cibrao. Aproveitando que están a facer un proxecto sobre as olimpiadas, visitaron as pistas de atletismo e, como o tempo non acompañou, fixeron diferentes xogos relacionados coas olimpiadas dentro do pavillón, organizadas polo profe Brais.

Despois visitaron o museo do mar onde aprenderon un montón de cousas sobre os nosos mares e as especies que viven neles e quedou tempo para comer e pasalo xenial xogando xunt@s no parque!!! 😍😍😍