13/05/14

OLLOS DE AULA

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.htmlXa temos o nº 14 de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Este mes sobre a figura de Xosé María Díaz Castro.

DAQUELES CONTOS... A NOVOS FINAIS (EXPOSICIÓN NO CENTRO)

Estas son as fotos da exposición que temos no colexio dos traballos feitos polas familias para a actividade "Daqueles contos... a novos finais".
Dita actividade realízase conxuntamente coas bibliotecas dos centros educativos da zona da Mariña e ten como obxectivo fomentar o gusto e o hábito da lectura en familia.
Para a semana,  a exposición terá lugar no Concello de Viveiro onde poderemos ver  os traballos de todos os centros colaboradores.
Agradecemos a participación das familias do noso colexio pola gran orixinalidade e creatividade das súas obras.

LETRAS GALEGAS 2014

http://coordinadoraendl.org/letras2014/
Debuxo feito por Emma de 5º de primaria
A CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua) pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro.





 O colectivo Fabaloba vén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.
O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.
O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde. Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e contos)
Podes descargar aquí  O neno e a estrela

  Materiais de uso didáctico: vídeos, audios e recursos diversos de utilidade para as aulas para esta conmemoración.
http://www.letraenobras.com/2014/04/o-dia-que-diaz-castro-atopou-unha-estrela-nun-caldeiro-de-auga/